1. INICIO
  2. > Libros
  3. > VIGO PEQUENO
VIGO PEQUENO

VIGO PEQUENO

Ramón D. Veiga
0.0 Sen valoracións
0 veces listado

Vigo é unha cidade incrible: ten un ascensor que parece unha nave espacial, un campo de fútbol feito con ondas de mar e un sereo empoleirado no alto de dúas columnas. Apetécevos acompañar a Oliva a dar unha voltiña polos seus lugares favoritos?

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
Edicións Xerais
Data publicación
2026-04-16
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4111-0815-7
EAN
9788411108157
Avatar

Ramón D. Veiga

Ver autor
Licenciado en Filoloxía Hispánica, traballa no eido da edición. Ten publicados os seguintes títulos para o público infantil: «Violeta quere ser vampiro. Un Conto do Samaín» (Xerais, 2017), «É tempo de Entroido!» (Xerais, 2018), «A araña que lles tiña medo ás arañas» (Xerais, 2019), «Meigas fóra!» (Xerais, 2020), «Non pare a festa» (Xerais, 2021), «De festa en festa» (2022), «Gloria» (2023), «Inventario de bruxas da avoa Maruxa» (2023), «Violeta ás agachadas» (Xerais, 2023), «Maios e desmaios (Xerais, 2025)»e «Vigo pequeno» (Xerais, 2026). Tamén é autor das series «Miñoca» (Xerais, 2021/2022/2023/2024) e «Fani e Dani» (2023/2024), e colaborou no volume colectivo «Era outra vez» (2022) coa adaptación do conto de Óscar Wilde «O xigante egoísta».
En 2021 gañou o Premio Arume de Poesía para a Infancia con «Violeta Parapluie e outras historias de xente pouco corrente» (2022) (Selección OEPLI, 2022 / Premio Frei Martín Sarmiento, 2024); en 2022, o XV Premio El Príncipe Preguntón de Poesía para Niños con «O delirante restaurante de Héitor Mórtimer e a súa clientela aberrante» (2023); en 2023, o Premio Anisia Miranda de Teatro para a Infancia con «Medo me dá!» (2024) (Selección OEPLI, 2024) e en 2025 o I Certame Literario Jaime Olmedo Limeses con «Pernascochas» (2025).
Publicou os contos en liña «#EuQuedoNaCasa» (2020), sobre o confinamento provocado pola covid-19; «Bombas de chocolate» (2022), sobre a guerra de Ucraína e «Sucedeu en Samede», sobre a celebración do Entroido nesta localidade (2024).
Para o público adulto publicou «Zoom» (Xerais, 2022) e a plaquette «Casa pequena» (2025), que acadou o terceiro premio no Certame Internacional de Poesía en Lingua Galega Rosalía de Castro de Cornellà.
Parte da súa obra está traducida ao catalán e ao castelán.
Valoracións das lectoras e lectores
0.0
0 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Aínda non hai recensións.

Outros libros de Ramón D. Veiga

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego