A rede do libro en galego

Rexístrate en M8 por ler para crear as túas listaxes, seguir as túas autoras e autores favoritas, enterarte das novidades e participar da comunidade.

Accede con:

Os máis soados

Os libros máis recensionados e comentados pola comunidade.
Portada

As voces da nosa comunidade

Está de moda

Foto de NEREA PALLARES
Falamos de...

NEREA PALLARES

Nerea Pallares Vilar, nada en Lugo o 10 de outubro de 1989, é unha xornalista e escritora galega.

Licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela. Fixo un Mestrado en Literatura, Arte e Pensamento na Universidade Pompeu Fabra de Barcelona, cunha tese sobre as novas expresións escénicas da filosofía do absurdo, e foi bolseira, entre outras institucións, na Cité Internationale des Arts en París, no Centro de Investigação Artística Hangar, en Lisboa, e na Fundación Gala de Córdoba. Colaborou en Dorna, Quimera e Granta.

Participou en varias residencias literarias, entre elas a Residencia Literaria da Cidade da Cultura dirixida por Javier Peña.

En 2025 gañou o Premio García Barros con Punto de araña, onde reflexiona sobre a precariedade do traballo feminino e reivindica as mulleres do mar

Ver ficha completa

Actualidade

Actualidade, lecturas e conversas arredor da nosa literatura

Ir ao blog →
Antón Reixa presenta 'Galiciaplanismo caníbal' na Coruña con Yolanda Castaño e Nuno Pico

Antón Reixa presenta 'Galiciaplanismo caníbal' na Coruña con Yolanda Castaño e Nuno Pico

O escritor, músico e artista multidisciplinar Antón Reixa presentará na libraría Moito Conto o seu poemario Galiciaplanismo caníbal, publicado por Kalandraka. O encontro contará coa participación da poeta Yolanda Castaño e do músico Nuno Pico, de Grande Amore, e permitirá achegarse a un proxecto creativo que une literatura, música e experimentación artística

Redacción · · 6 min de lectura

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego