Que é M8 por ler?

Un portal interactivo sobre o libro galego

Última actualización:

Temos un mercado do libro en galego cativo e decrecente. Os datos que manexamos falan dun 8% de venda nas nosas librarías, algo que sumado a perda continua de galegofalantes sitúa a nosa literatura nun dos puntos máis críticos da súa historia.

Urxe tomar medidas de índole nacional, mais temos unhas institucións que non amosan ningunha preocupación pola perda do noso maior patrimonio. Nesta situación entendemos que a sociedade civil debemos dar un paso á fronte e sumar esforzos para protexer o noso idioma. Se máis xente le en galego, máis e mellores libros se poderán publicar e máis forte estará a lingua que compartimos.

Coñecemos perfectamente a realidade da industria editorial e do mercado do libro e sabemos que os traballos en galego non teñen nada que envexar aos que se fan noutras linguas. Asumindo que falamos dun produto de igual o maior calidade entendemos que aumentar a súa visibilidade en todos os lugares rematará por se converter nun aumento das lecturas.

Estes son os motivos, mais o verdadeiramente importante é que este portal é para ti, para que goces compartindo experiencias arredor da nosa literatura.

Benvida a M8 por ler!

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego