Son Rodrigo. Medrei en Galicia, entre bosques cheos de brétema e lendas atlánticas. Os castros e os monumentos megalíticos sempre me fascinaron. Neles podo sentir as raíces máis antigas do que eu son. A herdanza celta, parte esencial da miña identidade. Por
iso quixen contar a historia máis descoñecida dos pobos gaélicos. O seu pasado ancestral, a súa suposta desaparición nos albores da nosa era e, sobor de todo, a súa supervivencia ao longo dos séculos. Son autor de Misarela (2020) —en idioma castelán, El custodio de los libros—, Portosanto (2021), La última reliquia (2024) e O século do milagre (2025). Ademais de escribir, dirixo «Compostela Histórica», as xornadas de divulgación e narrativa históricas que se celebran na cidade de Santiago. Tamén dou clase no instituto Rosalía de Castro. En Fillos de Gael acharás a resposta ás grandes incógnitas que sempre rodearon aos pobos célticos. A gran epopea da civilización gaélica. A auténtica historia do pobo perdido. IG: rodrigo_costoya FB: Rodrigo Costoya Santos
e descubre todas as novidades do libro en galego