Idoia de Luxán Vázquez naceu en Ourense o 14 de xuño de 1984. Formouse en Barcelona: ata 3º de Artes gráficas na Escola Joso e CFGS en Gráfica Publicitaria na Escola Massana. Sempre, tamén, autodidacta. Lectora, espectadora e oínte de moitas obras e programas
de ciencia ficción e real. Guionista, ilustradora & deseñadora gráfica todo-terreo freelance. Ecoloxista, formadora de obradoiros variados, “artivista” e voluntaria en actividades relacionadas co ecoloxismo, o feminismo, os dereitos humáns ou a cultura. ALLEA. Iniciouse no 99, ilustrando etiquetas de licor. Leva máis dunha década especializándose en: deseño e ilustración editorial, banda deseñada, humor gráfico, deseño de xogos de mesa e rol, publicidade e imaxe corporativa. Ten ilustrado para publicacións diversas: Seducidos pola filosofía”; TBO4 Japan; Historias de Galiza I, II e III; Da Terra de Lemos ao Reino de Galiza... Ilustrado e/ou deseñado os xogos: Bosque vivo, depende de ti; O xogo do bosque máxico; 3 de troula (EBA 5.0); Irmandiños, A Revolta 3ªedición. Ilustrado, coloreado, entintado e, ás veces guionizado, bds como/ para: Historias de Galiza I, II e III; Coñecía Darwin a serpe de 7 cabezas?; Sharp Avenger; Sinónimos de lucro; Bo xogo!; Alleos... Ilustrado publicidade para: Las delicias del 69; Tinytown Coruña... Cartaces: A festa da República 2014; Festa da Pita 2014; XIX Festival de Jazz de primaveira de Ourense, I Subida a Montealegre; A voz do barrio; Subvencións para autoxestión cidadá en medioambiente (Coruña Viva)... Conta con diversos portafolios en liña.
e descubre todas as novidades do libro en galego