María Rei Vilas (A Laracha), licenciada en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, é catedrática de Bioloxía e Xeoloxía no ensino secundario e escritora. En relación co ensino da Bioloxía e a Xeoloxía, é coordinadora de proxectos, asesora
didáctica e autora de libros de texto para o Bacharelato e a Educación Secundaria Obrigatoria. Chegou á narrativa no ano 2020, coa súa primeira novela, «Flores de ferro», que recibiu o Premio García Barros nese ano e o Premio San Clemente en 2022. Con posterioridade, publicou os relatos «Temporal de verán» e «Brenda e o ventrílocuo». «Reixas na pel», finalista do XLIII Premio Xerais de Novela en 2026, é a súa segunda novela. Fotografía da autora: Rediet de la Fuente Rey.
e descubre todas as novidades do libro en galego