Denis Vicente (A Guarda, 1990), é profesor de literatura e linguas no ensino secundario. É editor de «Lume de vidas. Valentín Paz Andrade-Ramón Otero Pedrayo: un diálogo epistolar» (2012) e autor de «Carlos Casares. Compromiso con Galicia». (2014). Colaborou
en revistas como «Grial», «Madrygal» ou «Revista Galega de Educación», así como no xornal «Nós Diario». Foi profesor na Universidade do Estado do Rio de Janeiro entre os anos 2014 e 2016, onde impartiu conferencias sobre sociolingüística e literatura galega en diferentes universidades e institucións do Brasil, Chile e Arxentina.
e descubre todas as novidades do libro en galego