Artista multimedia, escritor, director e produtor de cine. É un dos representantes máis destacados da cultura galega: en poesía durante os anos 70 coa fundación do Grupo Rompente, no rock subversivo de Os Resentidos nos 80 ao que sucedeu nos 90 o proxecto
Nación Reixa. No audiovisual dirixiu a serie “Mareas Vivas” na TVG, que bateu marcas de audiencia, adaptou e dirixiu para a gran pantalla a novela de Manuel Rivas “O lapis do carpinteiro”, ademais da longametraxe “Hotel Tívoli”, e produciu para a televisión autonómica o programa “Somos unha potenzia”. Ao longo da súa traxectoria foi recoñecido co Premio Galicia 1985 da Universidade de Santiago polo poemario “Historia do rock and roll”, o Premio da Crítica de Galicia 2001 pola súa obra audiovisual e literaria, o VII Premio Fundación Érguete 2005 á Comunicación Solidaria, o Premio de honra Pedigree 2007 do Festival de Cans, o I Premio Internacional Ateneo de Ourense ao Fomento da Lectura 2012, a Medalla de Ouro ao Mérito na Belas Artes 2021 como artista multidisciplinar e o Premio San Martiño de Normalización Lingüística 2021 con Rompente.
e descubre todas as novidades do libro en galego