1. INICIO
  2. Autores
  3. CECILIA F. SANTOMÉ
Avatar de CECILIA F. SANTOMÉ

CECILIA F. SANTOMÉ

Vilalba , 1984
4 títulos
0 seguidores

Cecilia Fernández Santomé, nada en San Simón da Costa (Vilalba) en 1984, é unha filóloga e escritora galega.

Cecilia F. Santomé xunto con Raquel C. Pico na presentación de As despedidas na Libraría Paz de Pontevedra.

Licenciouse en Filoloxía Francesa pola Universidade de Santiago de Compostela e completou os seus estudos en París e Liverpool. Doutorouse en Teoría da literatura e Literatura comparada pola mesma universidade coa tese Le théâtre de Claire Lejeune: textes et co(n)textes, dirixida por Laurence Malingret.[1] En 2012 marchou a Londres, onde iniciou a súa carreira como xestora de contidos dixitais.

Canda a Cristina Fernández fundou en 2016 a extinta revista dixital Coolt, publicación mensual de moda e tendencias en lingua galega.[2][3] Dende agosto de 2018 colabora regularmente con Dot Magazine.

Libros de CECILIA F. SANTOMÉ

Unha rapaza de provincias
Unha rapaza de provincias
As despedidas
As despedidas
34, Rue Saint Jacques
34, Rue Saint Jacques
QUEROTE, EU TAMPOUCO
QUEROTE, EU TAMPOUCO

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego