Empregamos cookies para mellorar a experiencia, análises e contido personalizado.
Podes aceptar todas, rexeitar as non necesarias ou configurar.
Máis info na política de cookies e
privacidade.
Agostiño Lomba (Vigo, 1960-2000). Naceu en Ribadavia pero xa de neno emigrou cos seus país a Venezuela, onde permaneceu ata os 12 anos. En 1973, logo da morte do pai, trasládase coa súa nai e irmáns a Vigo, onde realiza estudios de ensino secundario ao tempo que milita activamente na LCR e colabora con diversas organizacións estudiantís. Posteriormente matricúlase na Universidade de Santiago de Compostela, onde realiza estudios de Filoloxía, residindo nesa cidade durante catro anos. A tarefa política e a lectura ocupan boa parte do seu tempo. Logo regresa a Vigo e participa na actividade de varias organizacións nacionalistas (PSG-EG e posteriormente BNG). Pasa moitas horas pechado no seu cuarto, lendo. A principios dos 90 comeza a colaborar con Edicións Xerais de Galicia, colaboración que manterá durante toda a década, ata a súa morte. En 1991 falece o seu irmán máis novo, feito que o sume nunha grande tristeza. Os seus últimos días pásaos enclaustrado na súa vivenda, nun sétimo andar desde o que se precipita ao baleiro en xuño de 2000. Era o corrector de estilo dos libros da colección Ablativo Absoluto. ``Palimpsesto´´, é o seu descarnado testamento literario.