Empregamos cookies para mellorar a experiencia, análises e contido personalizado.
Podes aceptar todas, rexeitar as non necesarias ou configurar.
Máis info na política de cookies e
privacidade.
Albino Prada Blanco (Terra do Bolo, 1955) é doutor en Economía pola Universidade de Santiago e profesor no Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Vigo. Dispensa docencia de Economía de Galicia na Facultade de Ciencias Económicas da que foi tamén decano.
Ten publicado artigos e participado en congresos e proxectos de investigación relacionados, sobre todo, co uso dos montes, as industrias derivadas da madeira e a valoración ambiental dos espacios naturais. Forma parte do equipo que elabora o informe anual A Economía Galega (lDEGA-Fundación Caixa Galicia;).
A oútra economía galega (Premio da Crítica, 1979) e Montes e Industria (1991) son outros libros do autor.