1. INICIO
  2. > Autoras
  3. > AVELINA VALLADARES NÚÑEZ
Avatar de AVELINA VALLADARES NÚÑEZ

AVELINA VALLADARES NÚÑEZ

1 títulos
0 seguidoras
Avelina Valladares Núñez (Vilancosta, Berres, A Estrada, 1825-1902) criouse no seo dunha familia fidalga de ampla cultura. Profundamente relixiosa, participou na Xunta Parroquial de Beneficencia de Berres, polo que recibiu a Cruz de Beneficencia en 1894, e publicou traballos para mellorar os cultivos agrarios. Considerada unha das primeiras mulleres na literatura galega en escribir artigos de opinión en prensa, o que máis cultivou foi a poesía, da que se conservan algo máis de medio cento de composicións, seis delas en galego, o que a sitúa, xunto co seu irmán Marcial, entre as figuras do Rexurdimento. Ademais da súa obra literaria, tamén tocaba o piano e a guitarra, instrumento para o que compuxo a peza “La soledad”, posiblemente a primeira composición deste tipo obra dunha muller.

Libros de AVELINA VALLADARES NÚÑEZ

OBRA POÉTICA (AVELINA VALLADARES)
OBRA POÉTICA (AVELINA VALLADARES)
AVELINA VALLADARES NÚÑEZ
0 0 valoracións

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego

Denunciar

Por que queres denunciar este contido?

Motivo

O equipo de M8 por ler revisará a denuncia. A persoa denunciada non saberá quen a fixo.