Empregamos cookies para mellorar a experiencia, análises e contido personalizado.
Podes aceptar todas, rexeitar as non necesarias ou configurar.
Máis info na política de cookies e
privacidade.
César C. Morán Fraga (Toural dos Vaos, O Bierzo, 1954) é catedrático de Lingua e Literatura galega. Desde novo combinou as tarefas musicais e literarias como intérprete e compositor, expresións que fixo extensivas ao mundo do teatro, da televisión e do cinema.
Como autor literario ten publicado poemas e relatos en xornais, revistas e volumes colectivos (Luzes de Galiza, Nós, Fogo cruzado, Rumbo ás illas), e máis intensa foi a súa actividad e crítica e filolóxica, participando en encontros e congresos dentro e fóra do país. Coautor da Nova gramática para a aprendizaxe da lingua (1988), colaborou en diversos volumes de autoría colectiva e en publicacións periódicas como A Nosa Terra, Diario 16 de Galicia, Agália, Luzes de Galiza, La Voz de Galicia ou Estudos Portugueses e Africanos.
Dedicoulle especial atención á obra de Álvaro Cunqueiro, de quen realizou a última entrevista pouco antes da súa morte, sendo tamén autor da primeira tese de licenciatura sobre o escritor mindoniense nunha universidade galega. O seu estudio O mundo narrativo de Álvaro Cunqueiro (1990) é fonte de moitos traballos posteriores, propios e alleos.
A colaboración poético-musical con Manuel Rivas no CD O pobo da noite (1996) é a súa última achega antes do disco Río de son e vento e deste libro homónimo.