Empregamos cookies para mellorar a experiencia, análises e contido personalizado.
Podes aceptar todas, rexeitar as non necesarias ou configurar.
Máis info na política de cookies e
privacidade.
Enrique Sáez Ponte (A Coruña, 1947). Estudou as licenciaturas de dereito e económicas na Universidade de Santiago de Compostela e fixo o mestrado de dirección de empresas no IESE de Barcelona. A súa actividade profesional desenvólveuse, dende 1972, no Banco Pastor, do que se retira no 2003 sendo Director Xeral Comercial (o derradeiro galego en ocupar este posto). Preside a sociedade matriz do grupo Torres & Sáez, a Unión de Almacenistas de Hierros de España e o padroado da Fundación Juana de Vega. Autor de numerosos artigos en xornais e revistas, participa decote en cursos, seminarios e xornadas sobre temas financeiros, económicos e sociais.