1. INICIO
  2. > Autoras
  3. > FERNANDO ARRIBAS ARIAS
Avatar de FERNANDO ARRIBAS ARIAS

FERNANDO ARRIBAS ARIAS

Lugo , 1958
8 títulos
0 seguidoras

Fernando Arribas Arias, nado en Lugo en 1958, é un escritor e divulgador do patrimonio arqueolóxico galego.

É diplomado en Profesorado de Educación Xeral Básica (especialidade de Ciencias Humanas) e licenciado en Humanidades pola Universidade de Santiago de Compostela. Traballa como técnico de difusión do Museo Provincial de Lugo. Foi membro da comisión territorial do Patrimonio Histórico-Artístico da Xunta de Galicia en Lugo (1987-1992) e da comisión técnica de Arqueoloxía da Xunta de Galicia (1987-1994). 

É socio-fundador de diversas asociacións relacionadas co patrimonio cultural e, actualmente, é o secretario da Asociación de Amigos do Conxunto Histórico-Artístico de Sargadelos. Conferenciante e investigador, preferentemente sobre cine e etnografía, desde 1993 (xunto con Xosé Manuel Blanco Prado) traballa no Proxecto Carboeira que ten por obxectivo o inventariado e catalogación dos cruceiros da Terra Chá.

Libros de FERNANDO ARRIBAS ARIAS

CRUCEIROS, CRISTOS E CRUCVES DE XERMADE
CRUCEIROS, CRISTOS E CRUCVES DE XERMADE
FERNANDO ARRIBAS ARIAS
0 0 valoracións
CRUCEIROS DE BEGONTE, COSPEITO E RÁBADE
CRUCEIROS DE BEGONTE, COSPEITO E RÁBADE
FERNANDO ARRIBAS ARIAS
0 0 valoracións
CRUCEIROS DE GUITIRIZ
CRUCEIROS DE GUITIRIZ
FERNANDO ARRIBAS ARIAS
0 0 valoracións
CRUCEIROS DO CASTRO DE REI E OUTEIRO DE REI
CRUCEIROS DO CASTRO DE REI E OUTEIRO DE REI
FERNANDO ARRIBAS ARIAS
0 0 valoracións
CRUCEIROS, CRISTOS, CRUCES E ESMOLEIROS DE ABADÍN
CRUCEIROS, CRISTOS, CRUCES E ESMOLEIROS DE ABADÍN
FERNANDO ARRIBAS ARIAS
0 0 valoracións
MUSEO PAZO DE TOR
MUSEO PAZO DE TOR
FERNANDO ARRIBAS ARIAS
0 0 valoracións
A VANGARDA DAS FORMAS. A OBRA CERÁMICA DE ISAAC DÍAZ PARDO
A VANGARDA DAS FORMAS. A OBRA CERÁMICA DE ISAAC DÍAZ PARDO
FERNANDO ARRIBAS ARIAS
0 0 valoracións
O POLBO NO SAN FROILÁN DE LUGO
O POLBO NO SAN FROILÁN DE LUGO
FERNANDO ARRIBAS ARIAS
0 0 valoracións

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego

Denunciar

Por que queres denunciar este contido?

Motivo

O equipo de M8 por ler revisará a denuncia. A persoa denunciada non saberá quen a fixo.