1. INICIO
  2. > Autoras
  3. > HAROLD PINTER
Avatar de HAROLD PINTER

HAROLD PINTER

1 títulos
0 seguidoras
Harold Pinter (Hackney, Londres 1930), Premio Nobel de Literatura 2005, é un dos autores máis trascendentais da dramaturxia inglesa contemporánea, ocupando un lugar central na historia da literatura dramática do universo mundo. Entre as súas pezas cómpre salientar textos tan significativos como The Dumb Waiter, The Birthday Party (A festa de aniversario, Xerais 1999), The Lover, The Caretaker, The Homecoming, Landscape, No Man 's Land, Betrayal, Ashes to Ashes, Old times (Vellos tempos, Xerais 1999) ou Como guionista de cine traballou en títulos do relevo d' A muller do tenente francés, À la recherche du temps perdu ou The last Tycoon. Pinter, membro de Amnistía Internacional, ten alentado a creación de moi diversos foros de debate, sempre na defensa dos dereitos civís, da liberdade de expresión e contra a censura. Situado inicialmente pola crítica no ámbito do que se deu en chamar "teatro do absurdo", a súa obra reborda calquera tentativa de etiquetado e constitúe unha singular aproximación ó estudio da conducta humana e unha denuncia permanente das diferentes maneiras en que o totalitarismo invade e se instala na vida cotiá.

Libros de HAROLD PINTER

VELLOS TEMPOS. A FESTA DE ANIVERSARIO
VELLOS TEMPOS. A FESTA DE ANIVERSARIO
HAROLD PINTER
0 0 valoracións

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego

Denunciar

Por que queres denunciar este contido?

Motivo

O equipo de M8 por ler revisará a denuncia. A persoa denunciada non saberá quen a fixo.