Empregamos cookies para mellorar a experiencia, análises e contido personalizado.
Podes aceptar todas, rexeitar as non necesarias ou configurar.
Máis info na política de cookies e
privacidade.
Justo Jorge Padrón (Las Palmas, 1943) é un dos poetas españois máis representativos da xeración do 70. Autor de dezaseis libros, está traducido a corenta linguas e recibiu numerosos premios estatais e internacionais.
A súa poesía, de fonda vocación existencial, reflexiona sobre a linguaxe poética como camiño de coñecemento e salvación. Os seus títulos máis representativos son ``Los oscuros fuegos´´ (1971), ``Los círculos del infierno´´ (1976), ``Solo muere la mano que te escribe´´ (1989), ``Resplandor del odio´´ (1993), ``Escrito en el agua´´ (1996) ou ``Rumor de la agonía´´ (1996).