1. INICIO
  2. > Autoras
  3. > LUIS ALVAREZ POUSA
Avatar de LUIS ALVAREZ POUSA

LUIS ALVAREZ POUSA

2 títulos
0 seguidoras
Luís Álvarez Pousa (Viladerrei, Ourense) é profesor de Periodismo Especializado na Facultade de Ciencias da Información de Santiago. Exerceu como xornalista en La Voz de Galicia durante 23 anos, xornal no que creou e coordenou ata 1984 o Suplemento de Cultura; durante os dous últimos anos foi coordenador xeral da Multimedia Voz. Cronista e columnista político, durante a transición e a partir de 1989, compartiu co debuxante Miguelanxo Prado a sección semanal A contratempo. Dirixiu e presentou Encontros, o primeiro debate na historia da TVG, e o programa Extramuros. Fundador e redactor de Teima, é director da revista mensual Tempos Novos.
Investigador de temas de comunicación e cultura, publicou algúns dos seus traballos en revistas especializadas e en libros colectivos. Preparou a edición de A contrapelo, un libro con artigos de Blanco-Amor, que analiza no estudio Dúas linguaxes, idéntico compromiso, e tamén de Figuracións, de Luís Seoane. Froito da súa investigación sobre a función política e cultural da prensa é o libro Prensa ameazada na Galicia de fin de século.

Libros de LUIS ALVAREZ POUSA

A IDENTIDADE FRONTE Á REDE
A IDENTIDADE FRONTE Á REDE
LUIS ALVAREZ POUSA
0 0 valoracións
MEDIOS E POLÍTICOS BAIXO SOSPEITA (1990-2023)
MEDIOS E POLÍTICOS BAIXO SOSPEITA (1990-2023)
LUIS ALVAREZ POUSA
0 0 valoracións

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego

Denunciar

Por que queres denunciar este contido?

Motivo

O equipo de M8 por ler revisará a denuncia. A persoa denunciada non saberá quen a fixo.