Empregamos cookies para mellorar a experiencia, análises e contido personalizado.
Podes aceptar todas, rexeitar as non necesarias ou configurar.
Máis info na política de cookies e
privacidade.
Nicolás Camino naceu en Pontedeume, vila de referencia no eido musical. Comezou xa de estudiante universitario, cantando na Schola Cantorum, onde permaneceu varios anos como tenor segundo e barítono. Algúns dos seus compañeiros daquela son hoxe autoridades na música, entre eles Xoán Trillo, Nemesio Garda Carril e Manuel López Castro.
Dende hai anos dirixe e presenta o programa Así canta Galicia, que nos acompaña nas fins de semana coa música coral, e que ten feito un percorrido a fondo pola historia das agrupacións polifónicas galegas.
Nicolás Camino pertence ó equipo que puxo en marcha a Radio Galega, e foi a primeira voz en saír ó aire nos micrófonos da emisora autonómica. E, ademais, na mañá dos domingos, converte os estudios da emisora pública nun templete para que soe a música das bandas populares de Galicia.