1. INICIO
  2. > Autoras
  3. > RICARDO MELLA
Avatar de RICARDO MELLA

RICARDO MELLA

2 títulos
0 seguidoras
RICARDO MELLA CEA (Vigo, 1861-1925). Xornalista e pensador libertario, militou inicialmente no republicanismo federal e escribe nos xornais La Verdad e La Propaganda, que funda en 1881. En 1882, participa no II Congreso da Federación Rexional de Traballadores Españois e publica numerosos ensaios en revistas e xornais libertaríos como Acracia e Revista Social. No I e II Certame Socialista de Reus e Barcelona, en 1885 e 1889 respectivamente, presenta, entre outros traballos, O problema da emigración en Galicia; Diferencias entre o comunismo e o colectivismo; A anarquía; O colectivismo: os seus fundamentos científicos e O crime de Chicago. Retornado a Galicia, colabora regularmente na prensa libertaría europea e americana. A obra Os anarquistas (1894) de C. Lombroso é criticada por Mella en Lombroso e os anarquistas (1896). Publica os folletos A barbarie gobernamental en España (1897), A lei do número. Contra o parlamento burgués (1889) e A cooperación libre e os sistemas de comunidade (1900). Continúa o seu traballo xornalístico en Acción Libertaria e El libertario e traduce a obra de Bakunin, Kropotkin e Malatesta. Recolle parte da súa producción ensaística en Cuestións sociais (1912) e escribe Cuestións da ensinanza (1913). Postumamente, as súas obras son recompiladas en Ideario (1926) e Ensaios e conferencias (1934).

Libros de RICARDO MELLA

LOMBROSO E OS ANARQUISTAS
LOMBROSO E OS ANARQUISTAS
RICARDO MELLA
0 0 valoracións
A LEI DO NÚMERO
A LEI DO NÚMERO
RICARDO MELLA
0 0 valoracións

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego

Denunciar

Por que queres denunciar este contido?

Motivo

O equipo de M8 por ler revisará a denuncia. A persoa denunciada non saberá quen a fixo.