Empregamos cookies para mellorar a experiencia, análises e contido personalizado.
Podes aceptar todas, rexeitar as non necesarias ou configurar.
Máis info na política de cookies e
privacidade.
Rosa Vidal (Rosa María Vidal Vázquez) (Laxe, 1960), licenciada en Filoloxía Hispánica, exerce a docencia. En 1998 gañou o segundo Premio de Novela Curta Manuel Lueiro Rei con A curvatura das chemineas (1999), a que seguiron "O oso sacro", relato incluído en Narradoras (Xerais 2000) e O baile das mariolas (Xerais 2001), relatos. Como poeta participou no libro colectivo Aldea Poética (1997).