1. INICIO
  2. > Autoras
  3. > TERESA GONZÁLEZ COSTA
Avatar de TERESA GONZÁLEZ COSTA

TERESA GONZÁLEZ COSTA

O Grove , 1975
13 títulos
0 seguidoras

Teresa González Costa (O Grove, 1975) é licenciada en Filoloxía inglesa e italiana, con estudos de Teoría da Literatura e Literatura Comparada. Realizou en paralelo unha formación teatral, tanto en Galicia como en Italia e Francia, como actriz en diversas compañías, talleres de teatro, danza e voz. Como docente, impartiu cursos de teatro en centros de ensino, creando varias obras. Viviu dous anos e medio en Xenebra, onde realizou guións para un programa radiofónico, na sección de teatro, e asistiu a cursos de dramaturxia baseados na obra de Jean-Luc Lagarce. Nesa cidade participou nunha produción da Comédie de Genève, logo dun taller anual.

É autora de pezas de teatro publicadas nas editoriais Fervenza e Laiovento. Despois de ser mención especial no certame Barriga Verde 2004, e finalista no Rafael Dieste 2005, acadou en 2008 o XVII Premio Álvaro Cunqueiro con «Sempre quixen bailar un tango» (Xerais 2009) e o III Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil con «Pingueiras e tarteiras» (Xerais 2009). Como narradora infantil e xuvenil publicou as novelas: «A filla do ladrón de bicicletas» (Xerais 2010), Premio Merlín de Literatura Infantil 2010 e Premio Frei Martín Sarmiento 2012 (Categoría 5º e 6º Primaria); «Eu, pel» (Xerais 2012); «Fred Quincalla, o nómade do mar» (Xerais 2017), «A noite das bicicletas» (Xerais 2018), «A nena, o monstro e o mar» (Xerais 2019), «A memoria dos paxaros» (Xerais 2020) e «Unha abella máxica no camiño» (Xerais 2021. Na colección Xerais Narrativa publicou a novela «Os santos nunca dormen» (Xerais 2014).

Libros de TERESA GONZÁLEZ COSTA

A FILLA DO LADRÓN DE BICICLETAS
A FILLA DO LADRÓN DE BICICLETAS
TERESA GONZÁLEZ COSTA
0 0 valoracións
A NOITE DAS BICICLETAS
A NOITE DAS BICICLETAS
TERESA GONZÁLEZ COSTA
0 0 valoracións
EU, PEL
EU, PEL
TERESA GONZÁLEZ COSTA
0 0 valoracións
A MEMORIA DOS PAXAROS
A MEMORIA DOS PAXAROS
TERESA GONZÁLEZ COSTA
4 1 valoracións
OS SANTOS NUNCA DORMEN
OS SANTOS NUNCA DORMEN
TERESA GONZÁLEZ COSTA
0 0 valoracións
FRED QUINCALLA, O NÓMADE DO MAR
FRED QUINCALLA, O NÓMADE DO MAR
TERESA GONZÁLEZ COSTA
0 0 valoracións
A NENA, O MONSTRO E O MAR
A NENA, O MONSTRO E O MAR
TERESA GONZÁLEZ COSTA
0 0 valoracións
UNHA ABELLA MÁXICA NO CAMIÑO
UNHA ABELLA MÁXICA NO CAMIÑO
TERESA GONZÁLEZ COSTA
0 0 valoracións
SEMPRE QUIXEN BAILAR UN TANGO
SEMPRE QUIXEN BAILAR UN TANGO
TERESA GONZÁLEZ COSTA
0 0 valoracións
PINGUEIRAS E TARTEIRAS
PINGUEIRAS E TARTEIRAS
TERESA GONZÁLEZ COSTA
0 0 valoracións
MADEIRA DE GAÑADOR
MADEIRA DE GAÑADOR
TERESA GONZÁLEZ COSTA
0 0 valoracións
VIII TORNEO DE DRAMATURXIA DE GALICIA
VIII TORNEO DE DRAMATURXIA DE GALICIA
TERESA GONZÁLEZ COSTA
0 0 valoracións
ALÉN DAS BRUMAS
ALÉN DAS BRUMAS
TERESA GONZÁLEZ COSTA
0 0 valoracións

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego

Denunciar

Por que queres denunciar este contido?

Motivo

O equipo de M8 por ler revisará a denuncia. A persoa denunciada non saberá quen a fixo.