Empregamos cookies para mellorar a experiencia, análises e contido personalizado.
Podes aceptar todas, rexeitar as non necesarias ou configurar.
Máis info na política de cookies e
privacidade.
X. L. González-Millán (O Grove, 1951) é profesor de Linguas Románicas na CUNY (Tbe City University of New York) onde se doutorou cunha tese sobre Álvaro Cunqueiro: "Proceso textual e desintegración narrativa na novelística da A. C.".
Recentemente publicou o libro Álvaro Cunqueiro: os artificios da fabulación.
Hai tempo que vén traballando nos sinais de identidade da narrativa galega contemporánea, relacionada coas que el denomina "literaturas periféricas" no mundo, posuidoras de valores propios e diferenciados. Actualmente, ademais, é profesor do Graduate Center no Hunter College, e coordinador da súa Cátedra de Estudios Galegos, ambos na CUNY.