1. INICIO
  2. > Autoras
  3. > XOSÉ ANTÓN SARMIENTO MÉNDEZ
Avatar de XOSÉ ANTÓN SARMIENTO MÉNDEZ

XOSÉ ANTÓN SARMIENTO MÉNDEZ

2 títulos
0 seguidoras
Xosé Antón Sarmiento Méndez (Ourense, 1965) é letrado do Parlamento de Galicia dende o ano 1989. No eido da investigación xurídica encetou o seu labor no Departamento de Dereito Público e Teoría do Estado da Facultade de Dereito de Santiago de Compostela, e continuou con traballos sobre a disolución do Parlamento ó abeiro do Plan Nacional do persoal investigador do Ministerio de Educación. Máis recentemente desenvolveu actividades científicas sobre o control da actividade parlamentaria polo Tribunal Constitucional en relación co Max-Planck-Institut de Heidelberg (Alemaña). Foi profesor de Teoría Xeral do Dereito no Centro asociado da UNED da Coruña (1990-1992), e leva once anos explicando Dereito Constitucional na Facultade de Dereito de Ourense (Universidade de Vigo). Membro de varias asociacións profesionais, é Directivo da Asociación Española de Letrados de Parlamentos (AELPA).Simultaneamente impartiu múltiples cursos e conferencias sobre Dereito Constitucional, Autonómico e Técnica normativa invitado por diversos organismos.
Deu á luz numerosos traballos en publicacións especializadas sobre temas relacionados co Dereito Público, os Dereitos fundamentais e o Dereito Galego, e colaborou na Revista de las Cortes Generales, no Anuario de Dereito Parlamentario Corts, no Repertorio Aranzadi do Tribunal Constitucional, na Revista Xurídica Galega, na Revista Galega de Administración Pública e na Revista Xurídica da Universidade de Santiago de Compostela. Ten tamén publicacións electrónicas nos portais Iurisnet e Westlaw. É autor dos libros: O dereito parlamentario de Galicia (Xerais 2001) e O Estatuto de Galicia (Xerais 2003). Dende 2005 e o letrado oficial maior do Parlamento de Galicia e Secretario da Xunta Electoral da Comunidade Autonoma". Recentemente publicou o Manual de Dereito Constitucional (2010) e coordinou o Manual para a actuacion do parlamentario (2011) no que participaron outros seis expertos doutros parlamentos do Estado.

Libros de XOSÉ ANTÓN SARMIENTO MÉNDEZ

DEREITO PARLAMENTARIO DE GALICIA
DEREITO PARLAMENTARIO DE GALICIA
XOSÉ ANTÓN SARMIENTO MÉNDEZ
0 0 valoracións
O ESTATUTO DE GALICIA
O ESTATUTO DE GALICIA
XOSÉ ANTÓN SARMIENTO MÉNDEZ
0 0 valoracións

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego

Denunciar

Por que queres denunciar este contido?

Motivo

O equipo de M8 por ler revisará a denuncia. A persoa denunciada non saberá quen a fixo.