1. INICIO
  2. > Autoras
  3. > XOSÉ DE CEA
Avatar de XOSÉ DE CEA

XOSÉ DE CEA

4 títulos
0 seguidoras
Xosé de Cea (Barcelona, 1970) exerce a escrita en diversos ámbitos como poesía, narrativa e ensaio. Traballou para La Voz de Galicia e o Sindicato Labrego Galego, editando máis de cen números do voceiro desta organización agraria, Fouce. Ademais, colaborou con xornais e revistas como A Nosa Terra, Nós Diario, Tempos Novos, Luzes, Praza Pública e Cerna, entre outras. A súa obra publicada reflicte esta diversidade. En poesía, deu ao prelo Presenza da fenda (2001), Solsticio de río (2010), Vilareda (2018), Versos para alén da ponte (2020) e Dende a miña barricada de sofás e canapés (2023). En narrativa infantil e xuvenil, O lume dos soños (2004), Revolución Detrito (2019) e En terra rara (2021). No eido do ensaio publicou a crónica Baixo a lona preta. Xornal de viaxe dun brigadista na Baia do MST (2013) e O que estou a dicir cando digo “Altri non!” (2025). Nacional 547 (IV Premio de Novela da Galicia Rural) é a súa segunda obra narrativa orientada ao público adulto e dá continuidade a Coímbra (Galaxia, 2023).

Libros de XOSÉ DE CEA

REVOLUCIÓN DETRITO
REVOLUCIÓN DETRITO
XOSÉ DE CEA
0 0 valoracións
O QUE ESTOU A DICIR CANDO DIGO «ALTRI NON».
O QUE ESTOU A DICIR CANDO DIGO «ALTRI NON».
XOSÉ DE CEA
0 0 valoracións
DENDE A MIÑA BARRICADA DE SOFÁS E CANAPÉS
DENDE A MIÑA BARRICADA DE SOFÁS E CANAPÉS
XOSÉ DE CEA
0 0 valoracións
NACIONAL 547 (PREMIO DE NOVELA GALICIA RURAL 2026)
NACIONAL 547 (PREMIO DE NOVELA GALICIA RURAL 2026)
XOSÉ DE CEA
0 0 valoracións

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego

Denunciar

Por que queres denunciar este contido?

Motivo

O equipo de M8 por ler revisará a denuncia. A persoa denunciada non saberá quen a fixo.