Av. de Jose María Castroviejo, 5, 36940 Cangas, Pontevedra
FOL MÚSICA é un selo especializado en música galega que forma parte de BOA.
Alá polo ano 1992 decidimos crear un selo discográfico e comezamos a distribuír música alternativa e interesante de todo o mundo. Eramos mozos case sen experiencia no ámbito da música e da empresa, pero con moitas ganas e ilusións. Así naceu BOA, un nome galego que definía a nosa paixón pola música.
Aínda que xa editabamos discos galegos con anterioridade, en 1995 creamos DO FOL EDICIÓNS, un selo irmán de BOA dedicado á música galega de raíz, no máis amplo sentido da palabra.
e descubre todas as novidades do libro en galego