Av. Campo da Feira, 10 36380 Gondomar, Pontevedra
O Instituto de Estudos Miñoráns, tamén coñecido polas siglas IEM, é unha asociación da bisbarra do Val Miñor creada o 27 de outubro de 1999.
O instituto ten como principais obxectivos a divulgación da cultura galega e, en xeral, todo o referente ao patrimonio natural, histórico, artístico, arquitectónico, etnográfico, lingüístico etc., dos tres concellos do Val Miñor (Baiona, Nigrán e Gondomar). Así mesmo promove a realización de estudos de todo tipo sobre os ámbitos sinalados e fomenta a conservación e respecto polo patrimonio miñorano como un ben económico e cultural actual.
Desde 2008 organiza, xunto á entidade local de Morgadáns, os Premios de poesía Victoriano Taibo.
e descubre todas as novidades do libro en galego