Rúa da Primavera, 4, 32005 Ourense
Edicións LINTEO, que toma o seu nome da palabra latina "linteum", "lenzo" ou "liño", cuxa flor se erixe en símbolo da editorial, é unha empresa ourensá que nace co obxectivo de contribuír á difusión da cultura, tanto no marco do libro como en calquera outro soporte. O valor da palabra como fonte de coñecemento, a calidade do texto e unha presentación coidada do mesmo son algúns dos aspectos que definen a liña editorial.
Narrativa, poesía, tema galego e libro artístico son algúns dos campos nos que vén proxectando a súa actividade.
e descubre todas as novidades do libro en galego