Severino Cobas, 142 Vigo 36214 Pontevedra
Edicións Tambre como empresa pertence ao Grupo Editorial Luis Vives, formado por seis selos editoriais, entre os que tamén se atopan Edelvives, Ibaizábal, Baula, Alhucema, e máis os Talleres Gráficos.
Todo o Grupo Editorial Luis Vives móvese cun obxectivo común: o esforzo en promover a educación nos valores que enchen de contido a democracia e o noso desexo de estar presentes con valentía e creatividade no mundo da edición, lugar de creación artística, científica e técnica e ámbito privilexiado para a reflexión humanística.
O noso proxecto empresarial aposta por un modelo de desenvolvemento sostible que satisfaga as necesidades da xeración presente sen comprometer a capacidade das xeracións futuras. Traballamos por unha cultura da solidariedade, a sobriedade e o consumo racional.
Dentro deste obxectivo común para todo o grupo a finalidade concreta de Edicións Tambre é a edición de libros en galego, tanto de texto como de literatura para contribuír ao desenvolvemento educativo e social da nosa lingua e cultura.
En texto a oferta vai dende as idades máis temperás, que abranguen a Educación Infantil ata o Bacharelato.
En literatura a colección Ala Delta en galego está recomendada para idades máis infantís, mentres que para o público xuvenil achégase a oferta da colección Catavento. Para os máis pequechiños e para aqueles que comezan a ler tamén teñen ao seu dispor libros adaptados ás súas idades e competencia lectora.
e descubre todas as novidades do libro en galego