Santiago de Compostela
Unha sorte de paleta de cores intensas. Un campo cheo de tulipáns, de exóticos tesouros que ben custaban o seu peso en ouro. Ouro e luz, que acolle o nacemento dunha idea, dun compendio de palabras e emocións. Unha tulipa dunha lámpada protexendo a orixe dunha historia a punto de acontecer.
Tulipa Editora nace como un berce creativo, como esas paisaxes montañosas das que eran orixinarias estas prezadas flores no continente asiático. Unha síntese entre a “tulipa” natural e a artificial, esa que nos alumea e ilumina, nas largas horas lectoras, en compañía dun bo libro.
En Compostela, da man de Isabel Patiño, nace este ilusionante proxecto editorial que pretende ser substrato para pequenos agasallos da expresión escrita, facendo que a poesía, o ensaio e a narrativa tomen corpo en papel, baixo a luz cálida dunha tulipa.
e descubre todas as novidades do libro en galego