C/San Andrés, 78, Entlo A 15003 - A Coruña.
Espazo Cultura Editores é un novo proxecto editorial que sae á venda hoxe, sen présas e en tempos de crise, nacido da paixón pola arte, a creatividade e a edición dun grupo de autores de diversos campos como a literatura, a fotografía, a música e a arquitectura. O noso obxectivo é publicar proxectos nos que cremos, fomentando o desenvolvemento a longo prazo e o compromiso co autor, en lugar do éxito inmediato. Aínda que o noso formato principal será o libro tradicional —comezamos cun poemario e un libro de fotografía nocturna—, non descartamos outros formatos, como a edición musical e os libros electrónicos.
A nosa carta de presentación debería asemellarse ao que Goethe dixo nunha das súas cartas a Schiller: «Cando non se fala dos escritos, como dos feitos, con simpatía afectuosa, cun certo entusiasmo fanático, queda tan pouco que non paga a pena falar deles; a alegría, o pracer, a participación nas cousas é o único real, que á súa vez produce a realidade; todo o demais é van e só estorba».
Os nosos puntos de partida son propoñer obras que teñan impacto, mostren talento e gocen da relación, non sempre doada, autor-editor. Isto é o que estamos facendo e o seguiremos facendo; todo o mundo está convidado.
e descubre todas as novidades do libro en galego