Empregamos cookies para mellorar a experiencia, análises e contido personalizado.
Podes aceptar todas, rexeitar as non necesarias ou configurar.
Máis info na política de cookies e
privacidade.
Edicións Embora naceu en 1993 coa vocación primeira de recoller a ampla tradición de estudos locais ferroláns, consciente tamén do pouso que deixaran na cidade as primeiras iniciativas editoriais modernas –as revistas Céltiga (1921-1923) e Aturuxo (1952-1960)–. Tras os primeiros 15 anos centrados na edición local, a editora comeza a impulsar novas coleccións de literatura galega nos ámbitos infantil e xuvenil e, posteriormente, suma coleccións de ficción e non ficción para adultos.
Con máis de 1000 títulos publicados, os máis deles en lingua galega. Na actualidade, o catálogo vivo supera os 500 títulos.