Rúa San Andrés 36 – 1º andar – CP 15003 – A Coruña.
Os primeiros pasos démolos no ano 2004 (a primeira xuntanza foi o 9 de novembro, ás 20 h no local Portas Ártabras, convocados por Manuel Monge, mediante unha chamamento nos medios de comunicación locais). En 2005 aprobamos os estatutos, tras varias asembleas moi participativas e rexistramos a asociación na Consellería de Interior, Xustiza…
Preparáronse e redactáronse os estatutos da asociación, nunha proposta preparada por Xosé Manuel Carril. Despois de diversas discusións en asemblea de socias e socios para conseguir o máximo consenso, aprobarónse. Nomeouse unha xunta directiva e legalizáronse os estatutos o día 17 de outono de 2005.
Durante estes anos a CRMH desenvolveu numerosas actividades, contribuindo á eliminación de máis de 50 símbolos franquistas na cidade da Coruña, realizando roteiros polos lugares da memoria; homenaxe ás vítimas da represión franquista; congreso da guerrilla antifranquista; conferencias e presentacións de libros; celebración do Día da República; concntracións e reivindicación para a recuperación do Pazo de Meirás para o Patrimonio Público, etc.
e descubre todas as novidades do libro en galego