1. INICIO
  2. EDITORIAS
  3. AXÓUXERE
Logo de AXÓUXERE

AXÓUXERE

26 libros

Xens, 75. 15984 Araño. Rianxo.

Desde que Gutenberg inventou a imprenta, o proceso editorial, como práctica comunicativa, desenvolveuse extensivamente ao longo de todo o planeta, propiciando transformacións e iluminando novos horizontes. “O que a pólvora fixo polas guerras, fíxoo a imprenta polas mentes”, dicía Wendell Phillips. Nós sentímonos parte desa liña de fuga creativa que segue a abrir, constante e paseniñamente, portas a novas ideas, conceptos, percepcións e sentimentos.

No tempo da inmediatez, o frenetismo da novidade parece un síntoma de alienación. Os medios de comunicación velozmente inseridos na dinámica hiperglobal esquecen a lentitude da meditación, o acougo. Un blogue, pequeno espazo anónimo de reflexión e contemplación, semella ser un bo oco para mirar doutro xeito a evanescente realidade cotiá que se dilúe no tempo dun clic. 

Ante a velocidade da hiperligazón, a serena proximidade coa letra, coa idea, co lugar propio e compartido.

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego