1. INICIO
  2. EDITORIAS
  3. GUIVERNY
Logo de GUIVERNY

GUIVERNY

15 libros

Aldea Pedrouzos, 4, 15865 Brión, A Coruña

Editorial Guiverny edita narrativa, poesía e ensaio en galego e castelán. Fundada en 2010, no seu equipo de traballo figuran profesionais con máis de 15 anos de experiencia no mundo do libro.

Guiverny é unha editorial con vocación literaria que se compromete a publicar o mellor que se escribe en España, atendendo fundamentalmente á calidade literaria e deixándolle un lugar de honor ás novas tendencias, ao rupturista e transgresor. É así que nos propoñemos romper moldes e marcar tendencia no ámbito cultural, indo un paso por diante respecto das demais editoriais e consagrándonos a ampliar as fronteiras dos xéneros literarios.

Por todo isto, Guiverny aspira a ser a editorial de referencia no campo da creación literaria en lingua castelá e en galego. O noso principal obxectivo é darlle unha oportunidade a obras literarias de calidade que por motivos comerciais non atopen un oco no mercado e que aparecerán na emblemática colección ‘Pioneros’. As nosas restantes coleccións acollen obras sempre de calidade, dirixidas a públicos más amplos.

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego