Llibertat 69-71 1er E 08800 Vilanova i La Geltrú
carambuco nace no ano 2010 coa publicación dos catro primeiros contos Perdinme de Juanolo, O fabricante de fume de Enric Larreula e Eva Sans, O secreto da lúa de Susana Peix e Lorena Torres e Que lea cósmica! de Montse Balada e Joan M. Celorio, promovendo así a edición de libros infantís adaptados á Lingua de Signos Española na súa colección Carambuco contos. Toda unha declaración de principios: entender a edición como un instrumento que vincula cultura, diversidade, inclusión e sensibilización.
Cos anos (e da man do Cep i a Nansa edicions, o selo editorial que a viu nacer) Carambuco edicións segue destilando un catálogo con acento na literatura infantil, agora con varias coleccións de álbum ilustrado, libros para bebés e contos sobre crianza (colección Calita, Mini, Olivia, Tesouros), pero tamén coa mirada posta na narrativa xuvenil (Os máis de…, O Porca) e para adultos (Carambuco Narrativas).
Nos seus talleres coidamos a este Carambuco como unha auténtica árbore chea de vida, de fortes raíces, para que nos siga regalando estes froitos en forma de libros para os máis ávidos de lectura.
e descubre todas as novidades do libro en galego