1. INICIO
  2. > EDITORIAS
  3. > NOVA GALICIA EDICIÓNS
Logo de NOVA GALICIA EDICIÓNS

NOVA GALICIA EDICIÓNS

57 libros

Avda. Ricardo Mella 143. Nave 3 - 36330 VIGO - ESPAÑA

Nova Galicia Edicións, editorial fundada en Vigo no ano 1984, naceu co obxectivo de recuperar documentos históricos para a súa edición facsimilar como poden ser A Nosa Terra (histórica), Galeuzca, A Fouce...e de promover a nosa arte e cultura tanto dentro do noso país como máis alá das nosas fronteiras o que nos levou, no ano 1997, a comezar un proxecto, Artistas Pintores, Artistas Arquitectos e Artistas Escultores, que é a día de hoxe unha realidade recollida en 30 volumes dedicados aos artistas máis importantes de todos os tempos, pintores, escultores e arquitectos (máis de 500 en total) Editamos tamén catálogos de exposicións e monografías de grandes artistas, o que nos levou a gañar no ano 2004 o Premio ao Libro Mellor Editado na categoría de Arte, pola nosa obra “Quessada. Arte e liberdade”. As nosas publicacións inclúen ademais outras obras divulgativas sempre relacionadas coa nosa cultura.

Comezando novas liñas editoriais fixo a súa primeira incursión no mundo do libro infantil e xuvenil no ano 2003 publicando non só narrativa e libros ilustrados, senón tamén libros didácticos destinados tanto aos rapaces como a seus pais e mestres.


Nova Galicia apostou polo libro ilustrado infantil creando unha nova colección “Contos de mamá”, que abre un mundo cheo de fantasía para os máis pequenos, para que a lectura se transforme nunha auténtica diversión e que eles mesmos descubran unha verdadeira afección a ler. Os textos van dirixidos a nenas e nenos que se inician na lectura, por este motivo están escritos nunha linguaxe sinxela, cun texto breve e facilmente comprensible. Teñen unha extensión limitada e van acompañados por un gran número de ilustracións para unha mellor comprensión lectora xa que  non só pretenden contar unha historia, senón tamén que os rapaces capten os valores que o libro agocha nas súas páxinas.


Cabe subliñar os libros sobre valores que conforman as nosas coleccións “Que me dis de...”, “Saber para vivir” e “Saber para crecer” que tratan temáticas de actualidade, de gran interese en todos os sectores da sociedade. De extensión curta e cunha linguaxe actual, de agradable lectura, deseñados e presentados cunha ampla imaxe visual fácil de entender pola xente nova. Abranguen temas de actualidade que preocupan a pais, educadores e a sociedade en xeral, temas como o consumo de drogas, de alcohol, o tabaco, a violencia escolar, o respecto á igualdade...todos eles presentados desde un punto de vista didáctico, amosando cales son estes problemas e intentando aportar os medios para evitalos e as posibles solucións aos mesmos.


Nova Galicia Edicións está a facer unha proxección da arte e a cultura coa súa presenza nas principais feiras do libro de todo o mundo. Leva exportando libros desde o ano 1997 chegando a países tan distantes como China, Taiwan, Sudáfrica, México, Irán, Porto Rico...E ten feito coedicións con países como Brasil e Holanda.

Catálogo

Consumismo.
Consumismo.
Rafael Rodríguez Villarino
0.0 (0)
Emocions e sentimentos
Emocions e sentimentos
María Del Carmen Míguez Varela
0.0 (0)
Violencia escolar
Violencia escolar
Manuel Arnas Castro
0.0 (0)
Autocontrol
Autocontrol
Elena Fernández Del Rio
0.0 (0)
Alcohol
Alcohol
Maria Carmen Lorenzo Pontevedra
0.0 (0)
RECICLAXE
RECICLAXE
José Precioso, Henriques Renato
0.0 (0)
MANUAL DE EDUCACIÓN
MANUAL DE EDUCACIÓN
María Del Mar Castro Maestre
0.0 (0)
A billa de Xoan
A billa de Xoan
Pablo Alvarez
0.0 (0)
O Cullarapo Croque
O Cullarapo Croque
Luz Beloso, Miguel Ángel Alonso Diz
0.0 (0)
A nena á que non deixaban ser feliz
A nena á que non deixaban ser feliz
Miguel Ángel Alonso Diz
0.0 (0)
O soño de Esther
O soño de Esther
Miguel Ángel Alonso Diz
0.0 (0)
O valente coello que quixo soñar
O valente coello que quixo soñar
Miguel Ángel Alonso Diz
0.0 (0)
Unha mosca agradecida
Unha mosca agradecida
Miguel Ángel Alonso Diz, Luz Beloso
0.0 (0)
ART BOOK MANET
ART BOOK MANET
VV.AA.
0.0 (0)
RECICLAXE
RECICLAXE
José Gomes, Renato Henriques
0.0 (0)
Yared e a súa nova familia
Yared e a súa nova familia
Amalia Pérez Otero
0.0 (0)
Habilidades sociais
Habilidades sociais
Ana López Durán
0.0 (0)
El valiente conejo que quiso soñar
El valiente conejo que quiso soñar
Miguel Ángel Alonso Diz
0.0 (0)
Conversas con Manuel María
Conversas con Manuel María
Xosé Manuel del Caño
0.0 (0)
A comunicación
A comunicación
María del Carmen Lorenzo Pontevedra
0.0 (0)
Libro
Sen título
Amalia Pérez Otero, María Amelia Sánchez García, Ana Belén González Novoa
0.0 (0)
Libro
Sen título
Amalia Pérez Otero, María Amelia Sánchez García, Ana Belén González Novoa
0.0 (0)
Libro
Sen título
Amalia Pérez Otero, María Amelia Sánchez García, Ana Belén González Novoa
0.0 (0)
Yared e a escola
Yared e a escola
Amalia Pérez Otero
0.0 (0)
Yared visita ao dentista
Yared visita ao dentista
Amalia Pérez Otero
0.0 (0)
Yared e os sinais de tráfico
Yared e os sinais de tráfico
Meli Sánchez García
0.0 (0)
De maior quero ser...
De maior quero ser...
Ana Belén González Novoa
0.0 (0)
Kofu e o medo
Kofu e o medo
Lupe Lóriga
0.0 (0)
Os dragóns do arco da vella/Rainbow Dragons
Os dragóns do arco da vella/Rainbow Dragons
Alicia Hernández Luján
0.0 (0)
Os tikis-mikis da pradería de Garonte/The Tikis-Mikis of Garonte Land
Os tikis-mikis da pradería de Garonte/The Tikis-Mikis of Garonte Land
Alicia Hernández Luján
0.0 (0)
Como elixir a miña profesión
Como elixir a miña profesión
Rubén Loureiro Silva
0.0 (0)
Como mellorar a atención
Como mellorar a atención
María José Buceta Cancela, Dagmar Gabriela Nedelcu, María del Carmen Ferreiro Vilasante
0.0 (0)
Autoestima
Autoestima
María del Carmen Lorenzo Pontevedra
0.0 (0)
Hixiene persoal
Hixiene persoal
Ernesto Smyth Chamosa
0.0 (0)
Dereitos humanos
Dereitos humanos
Miguel Vázquez Freire
0.0 (0)
Yared e a reciclaxe
Yared e a reciclaxe
Amelia Sánchez
0.0 (0)
Depresión ou felicidade?
Depresión ou felicidade?
Francisco Xavier Méndez Carrillo, José Pedro Espada, Mireia Orgilés
0.0 (0)
Cambio climático
Cambio climático
José Manuel Vázquez Varela, Manuel Antonio Fernández Domí­nguez
0.0 (0)
Timidez
Timidez
José Olivares Rodriguez, Pablo José Olivares Olivares
0.0 (0)
A auga
A auga
CEIDA Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
0.0 (0)
Libro
Sen título
Amalia Pérez Otero, María Amelia Sánchez García, Ana Belén González Novoa
0.0 (0)
Libro
Sen título
Amalia Pérez Otero, María Amelia Sánchez García, Ana Belén González Novoa
0.0 (0)
Redes sociais
Redes sociais
Elisardo Becoña Iglesias
0.0 (0)
Libro
Sen título
Amalia Pérez Otero, María Amelia Sánchez García, Ana Belén González Novoa
0.0 (0)
Libro
Sen título
Amalia Pérez Otero, María Amelia Sánchez García, Ana Belén González Novoa
0.0 (0)
Libro
Sen título
Amalia Pérez Otero, María Amelia Sánchez García, Ana Belén González Novoa
0.0 (0)
Coida o teu planeta
Coida o teu planeta
Manuel Antonio Fernández Domínguez
0.0 (0)
Respecto á igualdade
Respecto á igualdade
Rita Radl Philipp
0.0 (0)
Estudar mellor ... todo un deporte
Estudar mellor ... todo un deporte
Pilar Barreiro González
0.0 (0)
Sexualidade
Sexualidade
Lidia Ruth Sánchez Mata, Patricia Sánchez Mata
0.0 (0)
Por que non me entenden meus pais?
Por que non me entenden meus pais?
Emiliano Martín González
0.0 (0)
Adicción a novas tecnoloxías
Adicción a novas tecnoloxías
Elisardo Becoña Iglesias
0.0 (0)
Globalización
Globalización
José Manuel Vázquez Varela, Elisardo Becoña Iglesias
0.0 (0)
Alimentación sa
Alimentación sa
Lorenzo Pousa Estévez
0.0 (0)
A vida sen drogas
A vida sen drogas
Amador Calafat Far
0.0 (0)
Non estou só
Non estou só
Ana López Durán
0.0 (0)
Valores sociais
Valores sociais
Miguel Vázquez Freire
0.0 (0)

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego