Horta de Abaixo 5, 15220 Ames
Luzes é unha revista mensual en lingua galega. Comezou a publicarse en papel e en dixital no ano 2013. Está dirixida por Manuel Rivas e Xosé Manuel Pereiro.
No seu manifesto Prendamos as luzes defínese como situacionista, inconformista e disidente. O 22 de decembro de 2016 organizou o debate arredor do feminismo A nación das mulleres. Do teito de cristal ao cantil de cristal, producido por Nós televisión no complexo cultural Matadoiro Compostela e que reuniu a catro mulleres políticas do momento: Alexandra Fernández Gómez, Ana Pontón, Carmela Silva e Marta Lois.
e descubre todas as novidades do libro en galego