1. INICIO
  2. EDITORIAS
  3. HUGIN E MUNIN
Logo de HUGIN E MUNIN

HUGIN E MUNIN

26 libros

Rúa do Castro, 9, 3º 15704 Santiago de Compostela

Hugin e Munin, editorial fundada en 2011 e especializada na narrativa traducida, ten por obxecto introducir no mercado galego unha serie de títulos de literatura estranxeira de prestixio. O réxime de edición é aquel común aos clubs ou círculos de lectura, é dicir, está sustentado sobre unha base de subscritores que permita a publicación de oito libros ao ano, a razón de dúas obras por trimestre. As literaturas inglesa, francesa, alemá e italiana, as literaturas nórdicas e as literaturas minorizadas son en principio os nosos campos de batalla; con todo e iso, tamén pescamos puntualmente noutras linguas e sistemas literarios, como o ruso, o xaponés, o croata ou o grego. A priori, non hai literatura que non nos interese. O mesmo reza para os xéneros: novela negra, de ciencia ficción, psicolóxica, de aventuras, realista, colonial etc. Escolmamos as obras en función só da súa calidade.

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego