Empregamos cookies para mellorar a experiencia, análises e contido personalizado.
Podes aceptar todas, rexeitar as non necesarias ou configurar.
Máis info na política de cookies e
privacidade.
Belagua Edicións e Comunicación, S.L. nace en Vigo en 2013 co propósito de proxectar Galicia, a súa riqueza natural, artística, histórica e etnográfica a través de publicacións nas que a fotografía xoga un papel destacado. Nesta liña editamos libros de gran formato con calidade estética e fotográfica que son en si mesmos obxectos atractivos.
Con todo, publicamos todo tipo de obras divulgativas do noso territorio, e exploramos outros mundos e outras culturas.
Como complemento á nosa liña editorial baseada na promoción de Galicia, Belagua contribúe tamén á creación literaria, dando visibilidade a novos talentos, con voces persoais e boas historias que contar.