1. INICIO
  2. INICIO
  3. EDITORIAS
  4. REVISTA GALEGA TEATRO
Logo de REVISTA GALEGA TEATRO

REVISTA GALEGA TEATRO

3 libros

Apartado 210 | 36940 Cangas

A erregueté | Revista Galega de Teatro existe dende 1983 e, na actualidade, é a única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas. A revista está editada por unha asociación cultural sen ánimo de lucro, Entre Bambalinas. A liña editorial da erregueté | Revista Galega de Teatro sempre estivo marcada pola independencia, a honestidade e o rigor informativo e o seu obxecto preferente son as artes escénicas, na súa ampla diversidade e heteroxeneidade. A erregueté | Revista Galega de Teatro conxuga información, creación, divulgación e estudo. Así, publica críticas, reportaxes, crónica de festivais, recensións de libros, ensaios sobre un determinado aspecto relacionado coa arte dramática, a danza, o circo, a performance…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego