Empregamos cookies para mellorar a experiencia, análises e contido personalizado.
Podes aceptar todas, rexeitar as non necesarias ou configurar.
Máis info na política de cookies e
privacidade.
Rodolfo e Priscila é un pequeno selo editorial independente, ao coidado de Berta Dávila e Carlos Meixide. Nace como editora indecisa, sen compartimentos que determinen de maneira exacta o que cabe nela e o que non, aínda que nos interesa en especial a brevidade e o contemporáneo, a literatura galega e a tradución.
Agromou lentamente e quere ser pequena, servir de casa para algúns poucos proxectos aos que poder dedicarlles unha atención persoal.
Procura o particular e a lentitude, que cada libro chegue cando teña que chegar, como un achado diamantino.