1. INICIO
  2. > EDITORIAS
  3. > LIBER FACTORY
Logo de LIBER FACTORY

LIBER FACTORY

1 libro

C/ San Ildefonso, 17, Madrid, 28012

Liber Factory  comezou a súa andaina no 2007 como unha editorial independente centrada na autoedición. Dende o principio, e ata o día de hoxe, o noso propósito foi, e segue sendo, ofrecer aos autores a posibilidade de publicar os seus textos dun xeito sinxelo, claro e accesible.

Caracterizámonos por un trato personalizado adaptado a cada autor; escoitamos as súas propostas e ideas e asesorámolos en todo momento sobre a opción que mellor se adapta ás súas necesidades.

Abordamos cada publicación como un novo reto. A cada traballo asígnaselle un xestor, un maquetador e un deseñador que permanecerán en contacto directo co autor durante todo o proceso de edición.

O autor poderá monitorizar as vendas dos seus libros en todo momento, consultar as súas comisións e solicitar o pago. Para iso, terá acceso a un panel de control de vendas privado, que lle será asignado despois de asinar o contrato de publicación. 

Con  máis de 2.000 títulos  no mercado, a nosa principal motivación é a confianza que autores, asociacións, universidades, fundacións e outros nos seguen a amosar cada día. Fixámonos unha serie de principios nos que non estamos dispostos a renunciar: atención personalizada, calidade, claridade e información. 

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego