1. INICIO
  2. EDITORIAS
  3. SERMOS GALIZA
Logo de SERMOS GALIZA

SERMOS GALIZA

14 libros

V/ DE LUGO, 2 A - ENTRESUELO A.

Sermos Galiza é o nome dun semanario de comunicación xeral e de ámbito galego, publicado pola empresa Sermos Galiza S.A e dirixido por María Obelleiro. A súa versión dixital botou a andar o 26 de abril de 2012, e o seu primeiro número impreso saíu á rúa o 17 de maio do mesmo ano. As súas linguas de edición son o galego e o portugués. O deseño do seu sitio web corre a cargo da empresa compostelá Sacauntos Cooperativa Gráfica.

En novembro de 2017, a sociedade anónima Sermos Galiza anunciou a inminente saída dun diario impreso baixo o nome de Nós Diario. O xornal foi lanzado o 2 de xaneiro de 2020, pasando, desde aquela, o semanario Sermos a publicarse os sábados como suplemento do diario.

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego