Unha aldea galega hai cen anos. Un castro no que aínda viven os mouros gardando os seus tesouros. Martiño, un mozo que arela ser mestre canteiro, namórase de Alda, unha moura encantada que soña coa liberdade e con vivir un gran amor. Unha historia, baseada na mitoloxía popular, dunha paixón de dous…
Buenaventura Aparicio Casado, nado en Peñafiel, Valladolid, o 14 de xullo de 1946 é un profesor, antropólogo e escritor galego.
Aos seis anos xa veu para Pontevedra, onde estudou. Exerceu moitos anos de mestre e logo de Profesor de Historia no IES Chan do Monte de Marín e tamén profesor-tutor na UNED en Pontevedra. As súas investigacións centráronse na arte rupestre e na antropoloxía cultural, estudando a tradición oral, a relixiosidade popular e os aspectos simbólicos da arte rupestre.
Fundou e coordinou o grupo de investigación A Laxe da Irena e foi membro do Consello asesor de patrimonio do Concello de Pontevedra. Ten participado en numerosos congresos nacionais e internacionais de Arqueoloxía e Antropoloxía Cultural. Doutor en Historia, a súa tese titulouse El folklore en los yacimientos arqueológicos de Galicia, foi dirixida por Xosé Carlos Bermejo Barrera e lida na UNED en 1997.
e descubre todas as novidades do libro en galego