1. INICIO
  2. > Libros
  3. > A ORELLA NO BURACO
A ORELLA NO BURACO

A ORELLA NO BURACO

MARÍA XOSÉ QUEIZÁN
0.0 Sen valoracións
0 veces listado

A orella no buraco, publicada en 1965, foi unha novela innovadora que trasladou á literatura galega os postulados do Nouveau Roman francés, achegándonos un relato do vagar dun personaxe marxinal por unha cidade europea. Alén disto, tamén é un experimento formal na procura da renovación da literatura…

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
EDITORIAL GALAXIA, S.A.
Data publicación
2025-12-29
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4117-6545-9
EAN
9788411765459
MARÍA XOSÉ QUEIZÁN

MARÍA XOSÉ QUEIZÁN

Ver autora

María Xosé Queizán Vilas, nada en Vigo o 5 de febreiro de 1939, é unha escritora, catedrática de lingua e literatura galega, e figura relevante no movemento feminista na Península Ibérica.

Comezou Filoloxía Hispánica no Colexio Universitario de Vigo e continuou na Subsección de Galego-Portugués na Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela; pertence á 1ª promoción de licenciados en Galego-Portugués (1978) moi ligados á figura de Ricardo Carballo Calero. Exerceu como profesora de Lingua Galega e Literatura en institutos de Vigo.

Comezou a súa carreira como escritora na súa adolescencia, escribindo artigos para o periódico vigués El Pueblo Gallego. Nos cincuenta participou en obras de teatro, chegando a crear en 1959 o "Teatro de Arte y Ensayo de la Asociación de la Prensa de Vigo", e a fundar e dirixir de 1967 a 1968 o "Teatro Popular Galego". O seu carácter emprendedor e o seu amor polo teatro levárona a desempeñar varios papeis a cargo de diversas organizacións, como directora da asociación feminista Feministas Independentes Galegas (FIGA), directora da galería de arte Roizara de Vigo, vicepresidenta do Consello Municipal da Muller do concello de Vigo e directora e organizadora do I encontro de Mujeres Poetas Peninsulares y de las Islas (1996).

​

Valoracións das lectoras
0.0
0 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Aínda non hai recensións.

Outros libros de MARÍA XOSÉ QUEIZÁN

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego