Na peza teatral Cínicas, Sara, unha anciá afectada da síndrome de Dióxenes, enfronta o persoal dos servizos sociais, que está a ocupar a súa vivenda coa probábel intención de desaloxala. A propia Dióxenes, unha filósofa grega da Antigüidade, é desterrada da cidade - unha nova refuxiada, emigrante ou…
María Teresa Moure Pereiro, nada en Monforte de Lemos o 21 de setembro de 1969, é unha escritora galega.
É doutora en Lingüística xeral e exerce a docencia nas facultades de Filosofía e Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Nas eleccións Xerais de 2011 foi candidata do BNG ao Senado, pero non saíu elixida.
En 2022 comezou a dirixir o Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero da USC.
e descubre todas as novidades do libro en galego