Co gallo do Día das Letras Galegas a Universidade da Coruña acode, unha vez máis, a esta cita anual dando ao prelo o presente volume que ten como protagonista a Begoña Caamaño. Da man de dúas boas coñecedoras da súa obra, Emma Pedreira e María Besteiros, quen se achegue ás páxinas que seguen…
Emma Pedreira (A Coruña, 1978). Filóloga, poeta e narradora. Membro da Plataforma de Crítica Feminista A Sega. Forma parte da denominada Xeración Poética dos 90.
Como poeta publicou "Diario bautismal dunha anarquista morta" (1999, Premio Johán Carballeira), "Grimorio" (2000, Premio Eusebio Lorenzo Baleirón), "Corpo" (2001, Premio Faustino Rey Romero), "As posturas do día" (2001), "Velenarias" (2001, Premio Johán Carballeira), "Os cadernos d'amor e os velenos" (2002, Premio Johán Carballeira), "Casa de orfas" (2006, Premio Fiz Vergara Vilariño), "Xoguetes póstumos" (2010), "Antítese da ruína" (2011, IX Premio de poesía Novacaixagalicia), "Libro das mentiras" (2012, Certame de poesía Concello de Carral) e "s/t" (Xerais, 2015, Premio Gonzalo López Abente).
Como narradora publicou "Bestiario de silencios" (2001), "As cinzas adentras" (2004), "Corazón e demais tripas" (2016, Premio Narrativas Quentes), "Bibliópatas e fobólogos" (2017, Premio da Crítica de narrativa galega 2018), "Besta do seu sangue" (2018, Premio Xerais de Novela) e "As fauces feroces" (2019). "Os corpos invisibles" gañou o Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil no ano 2019.
e descubre todas as novidades do libro en galego