Músicas doutro tempo chegan aos meus oídos, e xa non oio nada. Gústame a palabra ABANDONO, escrita con letras grandes, aínda que hai cousas e persoas ás que eu nunca abandonaría. A terra está escrita dentro das palabras. Mentres escribía os “diálogos imposíbeis” acordeime moito de Valle-Inclán, como…
Guadalupe Gómez Arto, nada en Fisteus (Curtis) en 1972, é unha poeta e xornalista galega, coñecida como Lupe Gómez. Gañou o Premio da Crítica Española.
Marchou con trece anos estudar o bacharelato á cidade da Coruña e máis tarde licenciouse en Ciencias da Información na Universidade de Santiago de Compostela. Ten colaborado con El Correo Gallego e Galicia Hoxe, ademais de facer artigos e críticas de libros e teatro.
e descubre todas as novidades do libro en galego