A data crucial de 1968 exerce uma força dedobre direçπo, centrífuga e centrípeta, emexpansπo cara a outros motivos temáticosde transcendente alcanço universal definais da década dos sessenta e começosdos setenta: a guerra do Vietnπ, a matançade estudantes na praza de Tlatelolco, aprimavera de
Vítor Vaqueiro Foxo, nado en Vigo o 4 de agosto de 1948, é un escritor e fotógrafo galego.
Estudou Ciencias Químicas na Universidade de Santiago de Compostela e despois duns anos (até 1986) de exercicio docente de matemáticas no ensino medio decidiu dedicarse á fotografía, en torno á cal impulsou numerosas actividades. Foi cofundador do colectivo fotográfico Canbranco e do Centro de Estudos Fotográficos. Entre os anos 2007 e 2011 foi diretor do Arquivo Pacheco. Tamén foi profesor das materias de Fotografía, Fotoxornalismo, Dirección de Fotografía e Proxecto Audiovisual na facultade de Ciencias da Comunicación da USC.
A súa andaina literaria está marcada pola poesía, xénero que cultivou case en exclusiva durante os anos 80. O seu primeiro libro de narracións foi O soño dirixido (1992), ao que seguiron outros. En 1968 (2018) recolle e poetiza as experiencias santiaguesas do ano citado, as asembleas, as manifestacións, a politización da universidade. Uns anos despois ata chegou a pasar varios días detido por motivos políticos.
Tamén desenvolveu un importante traballo no eido da divulgación sobre as festas populares de Galicia. Colaborou con A Nosa Terra, Tempos Novos e Sermos Galiza.
Na presentación de 1968 no Espazo Nemonon de Pontevedra. En 2003 obtivo o Premio Extraordinario de Doutoramento da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, pola súa tese A obra fotográfica dos Pacheco no período 1909-1936.
En 2020 recibiu a letra E, de escritor, outorgada pola AELG en Santiago.
e descubre todas as novidades do libro en galego